Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.Master de axente de Igualdade de Oportunidades.
Experiencia no ámbito municipal no deseño e implementación de proxectos educativos, sociais e no ámbito da igualdade de xénero. Redacción e coordenación do Protocolo local de prevención, detección e atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero do Concello de Ribadeo,da guia dirixida a mulleres inmigrantes " A información fainos libres", do I Plan de Igualdade entre mulleres e homes no Concello de Ribadeo e de diversas publicacións e/ou programas dirixidos ás mulleres.
Actualmente desenvolve a labor de Directora e asesora xurídica do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Ribadeo.
Fundadora e membra da Xunta Directiva do Observatorio da Mariña pola Igualdade.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org