13:02 Mércores, 27 de Agosto de 2014
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MARICA CAMPO Perfil

O Incio, 1948

Marica Campo


Poeta, narradora e autora teatral. Ademais de participar en numerosas publicacións colectivas, ten editadas as seguintes obras:

Poesía: Tras as portas do rostro. Baía Editorial. Pedinche luz prestada. Espiral maior ( Primeiro premio "Fiz Vergara Vilariño"). Abracadabras Ediciós do Castro (Premio "Fundación Neira Vilas" de poesía infantil 2005. Premio AELG de Literatura Infantil 2007). Sextinario: Trinta e seis mais tres. Sotelo Blanco (Premio AELG de Poesía  2008).

Narrativa: Confusión e morte de María Balteira.Baía Editorial. Memoria para Xoana.  Espiral maior (Premio de narrativa Concello de Vilalba, 2001. Premio AELG 2003). Crispín do Mao, Crispín do mar. Xunta de Galicia. E Xoel aprendeu a voar (novela xuvenil) Obradoiro - Alfaguara. Noutra dimensión. Editorial Galaxia. Colección Árbore.

Teatro: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos. Cadernos da Escola Dramática Galega. Confusión de María Balteira.Biblioteca "Francisco Pillado" UDC. O Divino Sainete (Adaptación da obra homónima de Curros Enríquez).  Biblioteca "Francisco Pillado" UDC.

Colaboradora habitual de El Progreso, A Nosa Terra dixital e Terra e Tempo.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#com