21-03-2013
O pecado do BNG, efectivamente, é non pedir permiso para existir como tal; dilatar o campo da auto-organización por todo o país e colocar o rótulo “galega” ou “galego” non como marca local senón como merecente de dereitos xurídico-políticos. Ou aspiramos a isto ou seremos, como diría Castelao, perpetuos individuos de Protectorado. Expresouno perfeitamente o novo portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, no seu discurso de clausura da recente Asemblea Nacional.
Soberanía é a capacidade de gobernarmos en defensa dos nosos intereses: é decidir non darlle un peso máis á igrexa, ao exército español e á casa real; é decidir deixar de sufragar colexios que segregan por sexo; é dicir “basta” á desertización industrial e á deslocalización de empresa; é dicir non á explotación dos nosos recursos, como a mina de Corcoesto; é levantar o veto ao naval; é decidir sobre o noso corpo; é decidir, eu María, e ti, que estás lendo, e non a troika, nin a amalgama de siglas dos mercados sobre o noso sector financeiro; é decidir sobre os nosos recursos produtivos: pesca, agro, conserva, téxtil...
Hai uns meses a Xunta de Galiza eliminou as axudas para a recuperación das nosas razas autóctonas sen darse conta do dano que lle esta facendo non so a nosa gandería senón tamén ao noso patrimonio cultural, natural, social e económico pero tamén demostran a falta de cultura e de coñecemento da nosa forma de vida porque no seu pensamento so teñen cabida as formas de vida foráneas baixo o lema : “o de fora é mellor que o noso”.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org