20:44 Venres, 10 de Setembro de 2010
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Roger Casement (1864-1916)

Mario Vargas Llosa nunha entrevista sobre a súa derradeira novela “El sueño del celta” na que reconstrúe a vida do insigne nacionalista irlandés Roger Casement

“O Nacionalismo é a peor construción do home”

FRANCISCO GARCÍA SUÁREZ


Chamoume a atención non tanto o tópico titular; habitual no pensamento antinacionalista e proimperialista  de Vargas Llosa senón o feito de que as ideas, a traxectoria do nacionalista Casement contradicían totalmente esta aseveración. Efectivamente  Roger Casement ten un protagonísmo moi relevante na denuncia da explotación colonial belga no Congo, pondo o descuberto a brutalidade e os horrores  do colonialismo belga de Leopoldo II. Denuncia  así mesmo a opresión e a miseria que sofren os indíxenas no Brasil e na rexión  colombiana do Potumayo, polas compañías británicas na extracción do caucho.


Non sei por que, pero España sempre confiou a súa historia aos máis analfabetos. ¡Morra a intelixencia!, bradou Millán Astray

Os vermellos seareiros da “vermella”

BAUTISTA ÁLVAREZ

Raimundo Patiño (1936-1985)


Xa sei que na nosa Terra, desgraciadamante, existe unha sociedade híbrida. A dos que nos abonda con sermos galegos soamente e a dos que levan o seu galeguismo na barriga: no anaco de empanada, no polbo á feira e no lacón. Todo o demais -o idioma, a cultura nacional- é considerado por eles un estigma degradante. Non se pode servir asemade a dúas patrias, cando a veneración da allea implica a negación da propia. Ser ou non ser. Este é o dilema hamletiano no que Galiza se debate desde que tomou conciencia do drama arrastrado en séculos de dominación, e que o nacionalismo político trata de resolver de maneira definitiva.


Unha oportunidade inmellorábel para o avance da consciencia social

Razóns de máis para irmos á folga

ALBERTE SOUTO SOUTO



A falta de emprego, particularmente significativo na Galiza e no conxunto do Estado español, supón unha ameaza para a seguranza económica e social de moitas persoas. Unha parte importante da sociedade está a ver gravemente danada a súa estabilidade ao verse abocada xa á perda da súa ocupación laboral, e outra parte avista dita ameaza como real e verificábel nun futuro inmediato, o que tamén os sitúa sob unha sensación na que se mesturan o medo e a desconfianza. Obviamente, estase a reflectir a percepción das persoas traballadoras, e non só daquelas que desempeñan un traballo por conta allea, senón de todas as que non detentan ou partillan poder de dirección nos medios de produción, aínda non sendo a acepción usual do termo.


CÉSAR MOSQUEIRA LOURENZO

Usar palabras, conceptos ou expresións descontextualizados pode levar a conclusións absolutamente falsas, perversas, manipuladas e a contradicións absolutamente flagrantes

Pertence Núñez Feixoó ao Tea Party?

MONTSE NÓVOA GÓMEZ

A crise económica é a coartada idónea para avanzar na desigualdade social. O pretexto sob o que o goberno da Xunta está a levar adiante medidas de recorte contra o conxunto dos servizos públicos, alancando na fenda socia

Deshabitando

DAVID PENA DÍAZ

...Sabedor como é o sistema imperial de que só sobre a base da defensa da Soberanía Nacional e do Dereito de Autodeterminación se pode construír un mundo xusto

O nacionalismo, albo de todos os ataques

ERMITAS VALENCIA ROMAR

A Asemblea Local escolleu, coa participación de case cincocentos militantes, a Xosé Manuel Carril como candidato do BNG á alcaldía da Coruña.

Que pasou na Coruña?

ANA BELÉN PONTÓN MONDELO

Hai aspectos da xénese da Cidade da Cultura que merecen ser repasados

Cidade da Cultura, rompamos o silencio

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 seguinte

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org