O economista Bernardo Valdês Paços móstranos nunha fonda análise electoral que variables e a conxuncións das mesmas que puideron ter maior relevancia nos resultados do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nas pasadas Elecións Autonómicas de marzo de 2009. En dita análise destacan os seguintes puntos:
-Os destinos dos votos perdidos do BNG
-A idade dos que deixaron de votar ao BNG
-A afiliación sindical
-A influencia de "La Voz de Galicia"
Xosé Díaz Díaz analiza neste caderno -de 26 páxinas de extensión- como é o último exercicio para un sistema de financiamento instaurado a fins de 2001 que entrou en vigor desde o ano 2002 e que se tiña establecido con carácter definitivo, para sempre, pretendendo conxelar definitivamente a marcha política cara un maior avance na soberanía polas nacións que compoñen o estado. As cuestións tratadas son as seguintes:
-Resultados do Sistema de finaciamento en 2008
-Resultados para "ricos" e "pobres" en 2008
-Os fluxos fiscais entre Galiza e o Estado
-A evolución temporal perversa do sistema para Galiza
Este documento -de 48 páxinas de extensión- é unha pormenorizada análise realizada polo economista Xosé Díaz Díaz. O obxecto de estudo son os orzamentos de Galiza e do Estado Español no ano 2010. Estes son algúns dos aspectos tratados neste documento:
-O escenario macro-económico
-O crecemento dos orzamentos galegos de 2010
-Ingresos e gastos
-Investimentos e infraestruturas
-O fondos de compensación e complementar nos OXE 2010
-O Financiamento desde a perspectiva da Autonomía
-Investimentos do Estado na Galiza 2010
-A estrutura económica do investimento
-Os resultados por Comunidades
Este documento -de 12 páxinas de extensión- é un estudo feito polo economista Xosé Díaz Díaz. Nesta ocasión trátase a situación de ASTANO, centrándose no papel das axudas do Estado Español a esta última. O documento estructurase nos seguintes puntos:
-O papel das axudas do Estado na Unión Europea
-Expedientes incoados ao sector público naval español
Presentamos un novo traballo, de 30 páxinas de extensión, que toma como base a revista Monhtlhy Review. Fórmano 3 artigos distintos mais que teñen un nexo común: ecoloxismo e capitalismo. Foron publicados orixinalmente en inglés nos meses de novembro de 2009 e marzo de 2010. A tradución ao galego debémoslla ao economista XOSÉ DÍAZ DÍAZ.
- O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do capitalismo. Fred Magdoff e John Bellamy Foster.
- O capitalismo e a pegada ecolóxica. Samir Amin.
- O paradoxo da riqueza: capitalismo e destrución ecolóxica. John Bellamy Foster e Brett Clark
O presente artigo, de 17 páxinas de extensión foi publicado en francés -en dúas partes- en Pambazuka News (29 de novembro e 6 de decembro de 2009). En inglés foi publicado en www.MRzine.org A tradución debemoslla a XOSÉ DÍAZ DÍAZ. Estes son os epígrafes do traballo que presentamos:
1. "Democracia", ¿Qué é "Democracia"?
2. O "Medio Ambiente" ou a perspectiva socialista do valor de uso? A cuestión ecolóxica e o chamado Desenvolvemento Sostíbel.
3. A Economía Convencional: Un instrumento ideolóxico central para a reprodución capitalista.
4. Problemas reais do mundo contemporáneo, alén da economía vulgar.
5. A Militarización da Globalización, a "Axuda" e o Pos modernismo.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org