27-01-2013
J.R. dos Santos Júnior, 1901-1990, nace en Frescainha (Barcelos), mais o seu domicilio habitual foi a Quinta da Caverneira. Médico, catedrático na Universidade de Porto, investigador en Portugal e Moçambique, frecuentou as augas quentes de Caldas de Reis (Galiza). Esta faceta anecdótica de veraneante en Caldas de Reis decora a súa intensa galeguidade.
Todas as civilizacións ergueron, repartiron e seguen a consumir ídolos falsos, cun xene pra imaxe e semellanza das miserias humanas. Deuses de palla barro, de alpaca, purpurina e brillantina, conspiradores entre si, cambadela tras cambadela. Crese e adorase a calquera cousa que se impón, sen gañalo a pulso, sen empresas que o avalen, sen saber deixar legado....e polo feito de santificarse nos altares ou acomodarse nos tronos, réndeselle acatamento, outórganselle honores inmerecidos.
Nada sabiamos nós da existencia de Antón Avilés de Taramancos -e non digamos xa da súa obra poética- até que en 1982 apareceu O tempo no espello, aquel fermoso libro co que Edicións do Castro, na súa colección de poesía, nos descubriu aos lectores e ás lectoras da literatura galega un grandísimo poeta e unha poesía escrita entre 1955 e 1981.
XAN CARLOS FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org