16:21 Xoves, 29 de Xullo de 2010
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

Os medios de comunicación ao servizo do aparello estatal e reaccionario, teiman en centrar a cuestión nunha aparente cruzada identitaria dos partidos nacionalistas

É importante o estatuto de nación

LOIS SÁNCHEZ MEIZOSO


- Pois non querido amigo (díxenlle ao rapaz), fíxate se é relevante a aprobación dun Estatuto de nación que recolla as competencias necesarias para poder facer fronte a eses problemas que si convés que son fundamentais. É necesario asumir competencias plenas en materia de emprego e seguridade social para adaptalas ás necesidades tan peculiares do noso mercado de traballo...

Debemos, desde as organizacións nacionalistas, esforzarnos por valorar figuras tan singulares e coherentes en todas as súas dimensións

O nacionalismo visto por Carvalho Calero: extensión e intensidade

MANUEL REI ROMEU

Ricardo Carvalho Calero


Carvalho Calero foi unha testemuña excepcional na historia recente de Galiza e nos acontecementos máis relevantes do século XX. Participou do labor cultural do movemento galeguista a través do Seminario de Estudos Galegos e da revista Nós, así como da necesidade de contribuír á produción literaria en galego e ao estudo da mesma. Asistiu nos anos da II República á concreción orgánica do nacionalismo no Partido Galeguista -único partido en que militou-

A causa nacionalista en Galiza é a vía galega para a construción dunha alternativa ao capitalismo neoliberal

A resposta é o Poder Popular

XOSÉ MEXUTO


Temos que ser máis, si, pero temos que ser máis nacionalistas tamén. Temos que explicar con clareza que significa o nacionalismo galego hoxe: Democracia, Autogoberno, Benestar. Conquistaremos a maioría social se opomos a razón do noso proxecto á barbarie dos que adoran o Deus Mercado e a España mítica dos Reis Católicos.

Hai ocasións en que a vara de medir que utiliza a xustiza non é igual para todos os cidadáns

A inxusta xustiza urbanística

PAZ ABRAIRA SOBRADO


Día a día, constatamos que aquelas vivendas de autopromoción reciben as preceptivas e sucesivas ordes de demolición. Descubrimos que esas vivendas xa pagaron numerosas multas coercitivas, mentres os grandes construtores deixan abandonadas zonas como Miño, con todo a medio facer, sen que realmente pase nada.

En galego tamén nos dan as contas

Ciencia galega e ciencia en galego

EDUARDO GARCÍA PARADA


Tanto o Conselleiro de Educación como Anxo Lorenzo téñennos dado sobradas mostras do que opinan sobre o galego. Unha das súas máis importantes aportacións é que o galego non vale para as materias científico-tecnolóxicas, e iso deben sabelo os nenos e nenas desde pequenos, aprendelo xa na escola. O galego vale para a poesía, para comunicarse cos aldeáns e nas feiras, para as festas folclóricas (ciencias sociais), e para describir a paisaxe e para falarlle ás vacas (ciencias da natureza).

O contexto no que se celebrou este 25 de xullo mostrou que o cambio de rumo só pode vir da man da opción nacionalista como alternativa verdadeiramente democrática

Día da Patria Galega: benestar, democracia e soberanía

ALBERTE ANSEDE ESTRAVIZ


Nunha definición sintética da situación política actual, coido que podemos falar de tres vertentes esenciais: a crise económica, o ataque ao funcionamento democrático da sociedade e a tentativa de recentralización do Estado. Este é o contexto no que celebramos o 25 de xullo deste ano.

Francisco Jorquera nun encontro con José Luís Rodríguez Zapatero

O debate de Política Xeral celebrado no Congreso hai doce días pasou sen pena nen gloria cando era un dos máis esperados dos últimos anos, cando xerara unha expectación nunca vista

As confesións de Zapatero

EVA LEMA TRILLO


No Debate de Política Xeral, o gobernante español fixo unha auténtica declaración de principios ideolóxicos, e nun exercicio de sinceridade sen precedentes dixolle a Francisco Jorquera -portavoz do BNG no Congreso- que "as decisións eficaces e decisivas están no G-20" .

Ensino "popular" e "privado": conceptos irreconciliábeis. Ensino "universal" e "público": demandas irrenunciábeis

O galego na escola

ROBERT NEAL BAXTER


Acúsasenos, as/os nacionalistas, de querermos "patrimonializar" o galego, de o apropiarmos para nós mesmas/os. Nada máis lonxe da verdade. O verdadeiro nacionalismo sabe que o futuro da lingua será garantido só se segue a ser a lingua do pobo, iso é de todas e de todos. Fronte a esta ofensiva españolista sen paliativos, o primeiro deber de calquera nacionalista non pode ser outro que loitar para resistir e defender a lingua galega, sexa como for. Como pai que eu tamén son, entendo a frustración que se sente ante as actuais perspectivas escolares, e loxicamente non vou ser eu quen critique calquera que procure garantir que a súa filla ou o seu fillo estea educad@ na lingua do país.

As tabernas foron para moitos refuxio e patria por unha noite

Cantando nas tabernas

SONIA LEBEDYNSKI DIÉGUEZ


Din que non hai mar sen porto, nin porto sen taberna, nin taberna sen canción. As tabernas dos portos gardaron ao longo do tempo a esencia e o cheiro do mar, as cancións de ida e  volta que chegaban a terra e que levaban os forasteiros ao novo destino. Nas tabernas arranxaban o mundo, bebían, comían e cantaban. Cantaban as cancións que lles aprenderan de cativos e as que aprenderan dos pasaxeiros e mariñeiros que ata ela se achegaban, a música de "vai e vén".

A Consellaría do Medio Rural vén de anunciar a próxima promulgación dun decreto polo que se van crear as chamadas Sociedades de Fomento Forestal (Sofor)

As Sociedades de Fomento Forestal: a antesala para a privatización dos montes veciñais

XOSÉ ALFREDO PEREIRA MARTÍNEZ


Unha lectura detida de exposición de motivos e do articulado 
do borrador do citado decreto, amosa que agacha outra intención. A inten-
ción de proceder a privatización dos montes veciñais  e a de usurparlle a
xestión dos mesmos os veciños-veciñas comuneiros/as, para entregarlla
as empresas madeireiras e forestais. O borrador do decreto polo que se
van a crear as sociedades de fomento forestal (as sofor), e xa que logo, a
primeira fase de esta estratexia que comparten o Partido Popular, a indus-
tria madeireira e algunhas asociacións relacionadas co monte, encabezadas pola Asociación Forestal de Galicia.

Hai que desenmascarar a operación de diversión ideolóxica que acompaña a ofensiva en curso, unha operación destinada a eludir a natureza de clase das medidas adoptadas

O capital non acouga

XOSÉ RAMÓN ERMIDA MEILÁN


A pesar da profundidade da crise e dos evidentes custos sociais, o capitalismo non se resinte. Máis aínda, como noutras ocasións, os poderes económicos sérvense dela, para transferirlle a factura da mesma as maiorías sociais, asentar o seu poder de clase e poñer as bases para "novas"formas de acumulación que permitan maximizar o beneficio.É a súa hexemonía ideolóxica, a que posibilita ao capital articular a actual correlación de forzas e a que impide construír alternativas críbeis ao sistema.

Bandeira de Angola

O país africano terá durante dous anos a presidencia das institucións lusófonas

Angola: medre espectacular do PIB e das desigualdades

XESÚS RAMÓN GONZÁLEZ BOÁN


Hai uns días os medios de comunicación facíanse eco do informe anual que realiza a Consultoría Mercer referida ao custe da vida para estranxeiros nas principais cidades do mundo. O índice Mercer está baseado na comparación de algo máis de 200 items referidos a aloxamento, restauración, transporte, ocio..., sendo usado polos Gobernos e as empresas multinacionais para fixar as dietas por desprazamento aos enviados a esas cidades. Neste 2010, Luanda, capital de Angola sitúase no primeiro lugar do mundo, por diante de cidades como Moscú (no 4º lugar), Xenebra (5), Zürich (8) ou Copenhague (10). Nos 10 primeiros lugares hai aínda outras dúas capitais africanas, NDjamena (Chad) en 3º lugar e Libreville (Gabón) no 7º.

Territorio que abarca a Amazonia

O mundo está afectado por catro crises moi graves a saber: a da auga, a da enerxía, a dos alimentos e a da poboación

Seguridade alimentaria

ELEUTERIO FERNÁNDEZ HUIDOBRO


Andan por aí danzarinas "teorías" das grandes potencias (coas súas ONG preservativas) que afirman con total soltura de corpo que por exemplo a Amazonia é patrimonio da Humanidade (ou sexa: deles). Brasil prohibe desde hai moito e por Lei, a tenencia de terra por parte de estranxeiros nunha franxa de 150 quilómetros de ancho ao longo das súas extensas fronteiras. Pero aínda así, Lula formulou recentemente declaracións en contra da devandita tenencia (por estranxeiros) en todo o país propondo lexislar respecto diso e alegando como razón fundamental a Seguridade Alimentaria.

O primeiro que che quero ofrecer neste día, é un picariño, meu veciño de tres anos, de nome Xoel, que fala galego

Ofrenda a Prisciliano de Galiza, herexe e mártir do imperialismo, no día da Patria Galega

RUBÉN ARAMBURU MOLET


Señor Prisciliano, descabezado polo emperador Máximo en Tréveris: Non sei ben onde están os teus restos mortais, aínda que teño certas sospeitas. Tanto ten pois non se trata de venerar tumbas senón loitas. Agora neste amencer do día da Patria sobre a Ría fago ofrenda dunha Galiza tantas veces decapitada polo imperio, e tantas veces ergueita no corazón das mulleres e homes da nosa terra. Non é mais que un símbolo, coma ti, irmán Prisciliano, que andabas descalzo polas nosas fragas, e falabas coas fontes e lías nas nubes e tiñas as mulleres por igual.

Ante a falta de recursos nas administracións públicas, o que fan é recortar os orzamentos no ensino, na saúde, nos servizos sociais, e no fomento da igualdade de xénero

O desmantelamento das políticas de igualdade como peaxe para pagar a crise

MARGARIDA CORRAL SÁNCHEZ


O pasado martes o Partido Popular defendía a tramitación parlamentaria da lei pola que se suprime o Servizo Galego de Igualdade, un organismo creado xa no Goberno de Manuel Fraga, amparándose en motivos económicos. É curioso que cando se fala de aforro orzamentario e de restruturación, sexan sempre as políticas de igualdade as que teñan que sufrir o recorte, a pesares de ser as mulleres quen experimentan as consecuencias negativas da situación de crise con maior rapidez e quen se benefician da recuperación máis lentamente

Manifestación do Día da Patria de 2010
Presentación dos Cadernos Activos en Pontevedra
Viaxe por Chile

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#bautistaalvarez#code#org